¿COMO PODO ACCEDER AOS SERVIZOS?
1. CONOCÉMONOS
Ven coa túa filla/o a descubrirnos, sen ningún compromiso. Será a primeira vez que nos vexamos, poderedes preguntarnos todas as dúbidas que teñades, pola nosa parte, tentaremos que nos coñezades, a nosa forma de traballar e as diferentes opcións que ofrece Por ELES para mellorar a calidade de vida da súa familia.
Para iso, contacta con nós a través dos métodos de contacto que hai ao pulsar o botón que atoparás xusto debaixo de este texto.
2. ENTREVISTA E RECOLLIDA DE INFORMACIÓN DA FAMILIA
Poñémonos a traballar, trátase de coñecer un pouco mellor a familia. Para iso contestarás, xunto cos nosos profesionais, a uns cuestionarios e escalas semiestruturadas e estandarizadas. Recolleremos información sobre o desenvolvemento do teu fillo e como o fai en diferentes contextos.
3. OBSERVACIÓN DIRECTA
Volve co teu fillo, a través do xogo e da observación directa, coñeceremos as súas capacidades e seguiremos recollendo información sobre o seu desenvolvemento. Trátase dunha observación estruturada na que empregaremos diferentes escalas que nos axudarán a definir os nosos obxectivos de intervención nun programa individualizado.
4. INFORMACIÓN E OBXECTIVOS
Unha vez recollida toda a información, traducímola nun informe detallado e comprensible que podemos discutir entre todos. A partir desta memoria detallaremos os obxectivos do traballo conxunto nun Plan de Intervención e Apoio Familiar, así como as xornadas semanais de traballo, o contexto laboral e definiremos cales son os servizos máis axeitados ás túas necesidades. Ofrecerémosche información e ferramentas para facilitar a adaptación da familia.
5. COMEZO DA INTERVENCIÓN
Durante as sesións que establezamos e no contexto correspondente, comezaremos a traballar os obxectivos recollidos no programa de intervención individualizada para a familia. Estes obxectivos serán revisados periódicamente e poderán ser modificados a medida que xurdan necesidades no ámbito familiar. Xunto ao traballo nas sesións semanais, achegaremos estratexias e pautas concretas para levar a cabo no día a día, creando oportunidades de aprendizaxe nas actividades diarias.
Por Eles TEA busca mellorar a calidade de vida da persoa con TEA e de toda a súa familia, por iso ofrecemos diferentes servizos, tratando así de cubrir os ámbitos nos que a persoa se desenvolve e garantindo así a súa inclusión social e participación activa da mesma e a súa familia.na comunidade.