OCIO E TEMPO LIBRE
Programamos regularmente actividades familiares e grupais, tendo en conta as características dos nenos, dos seus familiares e tamén da época do ano. Previamente á actividade deseñamos as ferramentas e materiais necesarios para cada familia, adaptando así a actividade ás súas características, co fin último de gozar dunha xornada de lecer en familia.
- Actividades Adaptadas
- Ocio en Familia
- Respiro Familiar - Apoio individualizado; servizo que atenda situacións concretas de necesidade de respiro, ofrecendo un profesional que se encargue da atención e atención á persoa con TEA durante o número de horas que a familia precise e no lugar que o solicite.