ESCOLA DE FAMILIAS

Ofrecemos reunións e formación periódica para os familiares así como para todas as persoas máis próximas ao menor e que estean interesadas en coñecer ferramentas que favorezan a interacción social coa persoa con T.E.A.

A través do noso equipo de psicólogos preséntase a asistencia e orientación necesarias ás familias ante calquera problema ou situación que se poida presentar. Tamén ofrecemos horarios de encontro para as familias, nun ambiente distendido no que compartir experiencias.