PACT (Pediatric Autism Communication Therapy)

Trátase dunha terapia de comunicación específica para nenos con TEA ou necesidades no ámbito da comunicación social desenvolvida na Universidade de Manchester, e que está recoñecida e utilizada no Sistema Nacional de Saúde do Reino Unido.

PACT é unha intervención de video-retroalimentación, dirixida por pais e nais, para nenos de entre 2 e 10 anos con necesidades no ámbito da comunicación social e da linguaxe.

Está dirixido a unha variedade de nenos, desde aqueles que usan un abano limitado de frases ata aqueles que usan poucas ou ningunha palabra.

A través de PACT, un profesional especializado en autismo e trastornos da comunicación social e os adultos que mellor coñecen ao neno (pais ou coidadores) traballan xuntos para proporcionarlle ao neno unha intervención comunicativa eficaz.

As técnicas de feedback de vídeo estruturados axudan aos membros da familia a recoñecer elementos anormais da comunicación do neno. O terapeuta apoia e adestra ao membro da familia para mellorar as súas habilidades comunicativas. O pai ou a nai, desenvolvendo e reforzando estas estratexias, poden incorporalas á vida familiar e favorecer un cambio sostido no tempo. Deste xeito, conseguimos apoiar que o neno desenvolva as súas habilidades comunicativas e de interacción no seu medio natural, o que é unha forma idónea de garantir beneficios duradeiros nas súas habilidades de comunicación social.