TERAPIAS

A intervención realizada polo equipo de profesionais de Por Eles persegue uns obxectivos comúns enfocados á redución dos déficits que presenta a persoa con TEA, tendo en conta o desenvolvemento típico, búscase potenciar as habilidades persoais do neno e acadar unha maior independencia, benestar e calidade de vida. Por iso, o servizo terapéutico baséase na atención individualizada, adaptándose ás diferentes características e ambientes da persoa con T.E.A. e a súa familia.

Atención individualizada na sala, ou Intervención nos Contextos Naturais do neno (fogar, colexio, parque, etc...) facilitando as persoas que rodean ao neno con T.E.A. das ferramentas necesarias para converter as rutinas da vida cotiá en situacións de aprendizaxe.

Ofrecemos a posibilidade de intervención individualizada dun profesional nun centro educativo, actividades extraescolares ou outras, así como a posibilidade de intervención simultánea por parte de dous profesionais. Os servizos de Por Eles TEA están adaptados ás necesidades que demandan as familias de persoas con TEA. Buscamos promover a inclusión e a participación en actividades no seu entorno e na comunidade.

  • Atención Temprana
  • Intervención Psicoeducativa
  • Terapia Ocupacional (Integración Sensorial)
  • Logopedia
  • Grupos de Habilidades Sociais
  • Intervención interdisciplinar
  • Contextos Naturais
  • Entornos educativos